OURIVES


asociacion
asociados
actividades
novas
documentacion
emprego
taboleiro
enlaces
ourives
Xunta de Galicia

novas

 

Titulares


 

Comenza a campaña de promoción da marca OURIVES DE COMPOSTELA

11/12/2008

Os próximos días 12 e 13 de Decembro comezará a campaña de promoción da Marca OURIVES DE COMPOSTELA, propiedade da Asociación de Ourives de Santiago, cun acto o día 12 na Praza do Toural ás 12:00h, e outro o día 13 na Praza de Praterías, á mesma hora.


Fotografia

Os próximos días 12 e 13 de Decembro comezará a campaña de promoción da Marca OURIVES DE COMPOSTELA, propiedade da Asociación de Ourives de Santiago, cun acto o día 12 na Praza do Toural ás 12:00h, e outro o día 13 na Praza de Praterías, á mesma hora. Estes actos contarán coa participación da cantante Guadi Galego, e dos alumnos da escola de teatro Espacio Aberto, que lucirán pezas dos ourives de devandita asociación nunha ‘performance’ que representará o ‘Espertar dos Ourives’. Así mesmo, membros da Asociación de Ourives, repartirán información sobre a Marca OURIVES DE COMPOSTELA e sobre as liñas de actuación nas que están traballando.
Baixo esta denominación conviven os talleres artesáns máis tradicionais, coas súas pezas de plata traballadas coas mesmas técnicas de fai séculos, e talleres con diseños innovadores que traballan coa tecnoloxía máis avanzada do momento, así como diseñadores e creadores de “ Xoia de Autor” que combinan as técnicas ancestrais de traballo, cos diseños máis innovadores e vangardistas.
A marca OURIVES DE COMPOSTELA aglutina non só talleres de artesáns senon tamén ós comerciantes que defenden no mercado o propio e exclusivo desta marca de calidade de producto galego.
OURIVES DE COMPOSTELA, ofrece calidade, tanto na fabricación, como no servicio ao público. Esta calidade se garantiza co traballo da comision de marca, que é quen otorga, baixo supervisión, tanto o uso das etiquetas de Ourives de Compostela por parte dos artesáns, como a etiqueta do distribuidor oficial para os comercios de xoiería de Santiago de Compostela.

 

Documentación:
doc Nota de Prensa

 

 

 

www.folque.com www.prietopuga.com www.artesaniadegalicia.org

 



AVAforum.com